Notas de publicación de GNOME 3.2

1. Introdución

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional que traballa para crear software incríbel dispoñíbel para todos. GNOME enfócase na facilidade de uso, estabilidade, internacionalización de primeira clase e accesibilidade. GNOME é Software Libre e de fontes abertas. Isto significa que todo o noso traballo é libre de uso, modificación e redistribución.

GNOME publícase cada seis meses. Desde a última versión 3.0, aproximadamente 1270 persoas fixeron perto de 38500 cambios en GNOME. Está interesado en que facermos? Síganos en Identi.ca, Twitter ou Facebook.

Se desexa axudarnos a mellorar os nosos produtos, únase. Sempre estamos encantados de recibir máis xente poida traducir desde o Inglés, axude no marketing, escriba documentación, probe ou desenvolva.

Tamén pode axudarnos financieiramente facéndose Amigo de GNOME.

Se quere celebrar a publicación da versión 3.2 con outros comprobe se haberá algunha Festa de Publicación perto de vostede!

2. Que hai de novo para os usuarios

2.1. 3.0, evolucionado

Baseándonos nos comentarios dos usuarios fixemos moitas pequenas melloras para mellorar a experiencia en GNOME 3.2. O máis destacada:

  • Agora é máis doado redimensionar unha xanela xa que a zona para isto foi incrementada.
  • As Opcións do sistema agora inclúen ligazóns para as opcións relacionadas con sede noutras localizacións. Por exemplo, a sección de teclado agora ten unha ligazón á disposición do teclado.
  • Agora as barras de título, botóns e outros controis son menos altos, facendo máis doado o uso de GNOME en pantallas máis pequenas.
  • As notificacións na esquina inferior dereita agora inclúen un contador. Isto fai máis doado ver cantos correos electrónicos están agardándoo sen ter que abrir o programa de correo electrónico, ou para determinar cantas mensaxes lle faltan por ler nunha conversa en particular.
  • O efecto de realzado que indica que un aplicativo xa está executándose fíxose máis obvio.
  • No menú de usuario, as notificacións poden configurarse de forma independente do estado do chat.
  • O trocador de espazos de traballo na vista xeral mantense expandido mantendo o ancho total mostrado ao usar máis dun espazo de traballo.
  • No lugar de asumir Evolution, o aplicativo para o despregábel de calendario agora pode personalizarse.
  • O estado da enerxía da batería agora móstrase usando unha barra.
  • A xestión de Focus-follows-mouse foi mellorada, porén aínda precisa máis traballo.

Grazas por continuar enviando os seus comentarios de experiencia

2.2. Contas en liña

Documentos, contactos, calendarios — Todos eles poden almacenarse localmente no computador, porén o almacenamento de este tipo de información en liña está facéndose moi popular. En GNOME 3.2, Contas en liña fornece un lugar onde xestionar estes orixes en liña. Estas contas en liña son usadas automaticamente en Documents, Contacts, Empathy, Evolution así como no calendario despregábel.

Figura 1Contas en liña

2.3. Aplicativos web

Certos sitios web úsanse coma se foran aplicativos. Algúns sitios ábrense xusto despois de acender o computador, mantéñense abertos todo o tempo e compróbanse cada pouco tempo. Non sería incríbel se GNOME tratara estes sitios como aplicativos?

GNOME 3.2 fai posíbel o uso dun sitio web como un aplicativo grazas a Epiphany, o noso navegador web estándar. Para facelo, prema Ctrl-Maiús-A, ou vaia ao menú Ficheiro e seleccione Gardar como aplicativo web. Cando se cree o aplicativo web pode lanzalo desde a vista xeral.

Figura 2Microbloguexo como un aplicativo web

A continuación móstrase unha lista dos beneficios:

  • Os aplicativos web poden iniciarse de forma sinxela desde o modo vista previa. Tamén poden fixarse como favoritos.
  • Úsase unha xanela completa para o sitio.
  • O aplicativo está restrinxido ao sitio web gardado. Se se tenta ir a calquera outro lugar, digamos premendo nunha ligazón, mostrarase nunha xanela de navegador normal.
  • A icona usada para o cambio de xanelas ou iniciar un aplicativo web mostra o logo do sitio ou unha captura de pantalla do sitio.
  • O aplicativo web é distinto a un navegador web normal. Se o navegador principal ten algún error crítico, o aplicativo web non debería verse afectado.

2.4. Xestionar os seus contactos

Contacts é un novo aplicativo enfocado nas persoas. A súa misión é fornecer unha vista xeral das persoas na súa lista de contactos, tanto se os contactos se almacenan en liña, no Evolution ou no aplicativo de conversas Empathy.

Figura 3Aplicativo de contactos

2.5. Xestione os seus documentos e ficheiros

Ao xestionar gran cantidade de documentos, pode ser moi difícil facer un seguimento dos mesmos. En GNOME 3.2, tentouse facer isto máis sinxelo.

2.5.1. Diálogos de Abrir e gardar ficheiro útiles

Abrir e gardar ficheiros é moito máis doado. Ao abrir un ficheiro desde un aplicativo, GNOME axudaralle mostrando unha lista dos ficheiros recentes. Similar, á lista de cartafoles recentes que se mostra cando se garda un ficheiro.

Figura 4Cartafoles recentes no diálogo de gardar ficheiro

2.5.2. Aplicativo de documentos

En GNOME 3.2, o aplicativo Documentos enfócase en fornecer unha forma sinxela e efectiva de atopar, organizar e ver documentos.

Figura 5O novo aplicativo Documentos

Grazas á integración con Contas en liña, atopar documentos é igual de doado xestionalos sen importar se están almacenados localmente ou en liña.

Figura 6Documentos mostrando documentos en liña

2.6. Ver de forma rápida os seus ficheiros no xestor de ficheiros

O Xestor de ficheiros agora pode ver de forma rápida filmes, música, imaxes e outros ficheiros. A vista previa pode mostrarse ou agocharse de novo premendo espacio.

Figura 7Vista previa dunha imaxe da festa de lanzamento de GNOME 3

2.7. Maior integración

2.7.1. Xestión de cor

Debido ás diferenzas entre as formas que se mostran as cores, a mesma imaxe pode verse diferente entre monitores. De forma similar, cando unha imaxe se imprime a súa cor pode cambiar tamén.

GNOME 3.2 permítelle calibrar os dispositivos para asegurarse de que as cores mostradas son representativas.

Figura 8Xestión de cor nas Opcións do sistema

2.7.2. Mensaxaría integrada

Non terá que abrir máis un aplicativo separado para iniciar a sesión nos servizos de chat e mensaxaría. En 3.2, GNOME farao por vostede.

  • Cambie ao estado de dispoñíbel ou non dispoñíbel de forma rápida usando o menú de usuario na esquina superior dereita da pantalla.
  • Aprobe ou rexeite de forma fácil novas solicitudes de contactos, chamada de son/vídeo e transferencias de ficheiros.
  • Sexa notificado no caso de que haxa un problema de conexión con un servizo de chat ou mensaxaría.

2.7.3. Tabletas gráficas Wacom

As tabletas gráficas Wacom poden configurarse desde Opcións do sistema.

2.7.4. Pantalla de inicio

A pantalla de inicio de GNOME 3 foi integrada co resto da experiencia de usuario.

Figura 9Pantalla de inicio

2.7.5. Dispositivos táctiles

En tabletas ou dispositivos táctiles similares, rotar o dispositivo rotará automaticamente a pantalla. De forma adicional, os dispositivos táctiles non mostrarán o cursor do rato a menos que se conecte un rato.

2.7.6. Conexión en quente de soportes

GNOME 3 agora ten integración de conexión en quente de soporte.

Figura 10Notificación de conexión en quente

2.7.7. Busca de contactos

A caixa de busca no modo de vista previa agora permítelle buscar nos seus contactos.

Figura 11Busca de contactos na vista previa

2.8. Documentación que realmente lle axuda

A documentación de usuario tradicional está escriba nun libro de papel, unha boa historia, pero é moi larga e leva moito tempo lela enteira. Isto non é ideal se quere busca de forma rápida como levar a cabo certas tarefas. Para solucionar isto, os seguintes aplicativos agora inclúen unha documentación orientada a tarefas:

  • O explorador de accesibilidade Accerciser
  • O Contorno de desenvolvemento integrado Anjuta
  • O aplicativo de gravación de CD e DVD Brasero
  • O aplicativo de cámara web Cheese
  • O visor de imaxes Ollo de GNOME
  • O aplicativo de correo electrónico e calendario Evolution
  • O visor de escritorios remotos Vinagre

Tamén hai importantes melloras na Axuda do escritorio.

2.9. Aínda máis bonito

3.2 recibiu moitas melloras visuais, facéndoo aínda máis bonito que antes. Isto non sería posíbel sen o traballo feito na compatibilidade de CSS en GTK+, vexa Sección 4.2 ― GTK+ 3.2 desde a documentación para desenvolvedores para ver os cambios.

As melloras visuais inclúen:

  • Tema escuro: os aplicativos multimedia agora poden usar unha variante escura do tema. Isto empregase polo Reprodutor de filmes e o Visor de imaxes.
  • Window corners are now smoothly anti-aliased.
  • As notificacións de chat son máis agradábeis visualmente.
  • Varios diálogos como os diálogos de rede agora teñen o estilo usado por GNOME Shell.
  • Varias melloras visuais para persoas atentas aos detalles: como as sombras nas etiquetas dos botóns, unha nova barra de ferramentas en liña, estilo de botóns elevados, estado de botón premido refinado. Ademais, os rectángulos de foco só se mostrarán ao usar o teclado para interactuar cun aplicativo.

2.10. Pero agarde que isto non é todo...

Así como grades cambios, tamén están os pequenos engadidos e axustes que se producen en cada publicación de GNOME.

  • Habilidade para cambiar e modificar documentos compartidos mediante Apple Filing Protocol (AFP).

  • O Reproductor de filmes ten un novo engadido que lle permite que os vídeos roten se están nunha orientación incorrecta, por exemplo os que foron gravados por unha cámara de fotos ou «smartphone».

  • Melloras de cifrado e certificación:

    • Acceso mellorado dos aplicativos aos certificados e chaves e un comportamento máis consistente ao xestionar con autoridades de certificación, chaves e tarxetas intelixentes usando PKCS#11. (Están planificadas máis melloras esta área para a versión 3.4)

    • Un novo visor de ficheiros de certificado e chave para poder ver de forma rápida ditos ficheiros ao premer dúas veces sobre eles no Xestor de ficheiros.

      Figura 12Visor de certificados e ficheiros de chave

  • O visor de rexistros de Empathy agora ten un deseño máis limpo. Empathy tamén admite enviar mensaxes SMS e as contas SIP poden marcarse como capaces de facer chamadas PSTN. Ditas contas poden usarse para facer chamadas a teléfonos fixos e móbiles.

    Figura 13Visor de rexistro de Empathy
  • A versión 0.9 do NetworkManager fornece cambio de usuario rápido, mellora no roaming de WiFi, compatibilidade con WiMAX, permisos flexíbeis e almacenamento centralizado da información de conexión a redes.

  • Evolution agora pode mostrar as imaxes dos contactos almacenados en enderezos de correo de Google. Aínda máis, engadiuse un novo campo para facer máis claro que un número de porto dun servidor de correo pode estabelecerse.

  • O editor de texto Gedit ofrece novos snippets para ficheiros Mallard e Markdown, e diálogos renovados de Apertura rápida e Busca

  • Varias melloras de interface. A mellora máis destacábel vese cos xogos 3D a pantalla completa.

  • Posibilidade de estabelecer as configuracións rexionais no panel de Rexión desde as Opcións do sistema.

  • Un diálogo de selección de tipos de letra redeseñado.

    Figura 14O novo selector de tipos de letra (en Gedit)

3. Que hai de novo en Accesibilidade

GNOME 3.2 é ate agora o escritorio accesíbel máis bonito, con un énfase na fiabilidade e usabilidade para todos.

Antes de GNOME 3.2, os usuarios de tecnoloxías de asistencia estaban ante un serio dilema: non era posíbel activar a asistencia dinámica de accesibilidade. Grazas ás melloras en AT-SPI2application>, os aplicativos agora te

Outras melloras:

  • Para aqueles usuarios que requiren un teclado en pantalla, integrouse un novo teclado.

    Figura 15Teclado en pantalla
  • Usar o modo de vista xeral con un teclado agora funciona mellor que nunca, Ademais para ser totalmente compatíbel coa navegación co teclado, os usuarios do lector de pantalla ORca experimentarán unha presentación máis fiábel e aproximada ao navegar.

  • A migración de Orca á introspección fixo do lector de pantalla de GNOME notabelmente máis áxil. E agora que o ponte ATK só escoita os sinais cando se empregan as tecnoloxías de asistencia, o que fai que a activación da accesibilidade en GNOME non resulte nunha degradación significativa do rendemento.

  • A interface para o acceso a servizos de AT-SPI2 estabilizouse en gran medida: corrixíronse erros críticos, perdas de memoria e unha gran variedade de outros fallos.

  • A biblioteca de implementación de accesibilidade de GNOME, Gail foi completamente fusionada en GTK+, levando a GNOME un paso máis cerca da accesibilidade integrada, non engadida a el.

4. Novidades para os desenvolvedores

Os seguintes cambios son importantes para os desenvolvedores que usen a Plataforma de desenvolvemento de GNOME 3.2. Se non está interesado nos cambios para os desenvolvedores pode pasar á Sección 5 ― Internacionalización.

Dentro do GNOME 3.2 incluímos a última versión da Plataforma de desenvolvemento de GNOME. Isto consiste nun conxunto de bibliotecas estábeis para a API e a ABI baixo a licenza GNU LGPL que poden usarse para o desenvolvemento de aplicativos multiplataforma:

Para máis información sobre como desenvolver con GNOME visite o Centro do desenvolvedor de GNOME.

4.1. Glib 2.30

A biblioteca de utilidades de software de baixo nivel de GNOME, Glib obtivo importantes melloras:

  • GApplication pode empregarse agora para aplicativos non únicos.
  • Agora GLib instala unha cabeceira independente para API específicas de Unix: glib-unix.h. Entre outras cousas, fornece unha fonte para o bucle principal dos sinais de Unix.
  • GDBus engade compatibilidade ao patrón «xestor de obxectos» con novas interfaces.
  • GDBus agora ten un xerador de código: gdbus-codegen.
  • Reescribíronse as operacións atómicas para que usen as opcións integradas de gcc; as chamadas con «casting» explícitos poden ser problemáticas.
  • Engadíronse operacións atómicas en punteiros, incluíndo bloqueos a nivel de bit en localizacións do tamaño dun punteiro.
  • A política para as unidades cambiou para preferir as unidades SI; g_format_size_for_display desaconséllase en favor de g_format_size.
  • Engadiuse compatibilidade á síntese HMAC: GHmac.
  • Engadiuse unha interface para a busca de certificados e chaves: GTlsDatabase. glib-networking fornece unha implementación.

4.2. GTK+ 3.2

GTK+ 3.2 é a última publicación do conxunto de ferramentas GTK+, que é o corazón de GNOME. GTK+3.2 inclúe novas características para desenvolvedores, así como gran cantidade de resolucións de erros.

  • Agora os campos de entrada poden conter suxestións. Vexa gtk_entry_set_placeholder_text.
  • Moitos máis «widgets» admiten a xestión de xeometría altura-por-anchura. É moi importante definir tamaños razoábeis para as etiquetas e comprobar os tamaños das xanelas.
  • Widgets novos:
    • GtkLockButton para as operacións con privilexios, como se pode ver nalgúns paneis do Centro de control.
    • GtkOverlay para controis flotantes sobre unha área de contido, como se pode ver nos navegadores web.
    • GtkFontChooserDialog, un novo diálogo de selección de tipos de letra.
  • Compatibilidade de CSS en temas moi mellorada, incluíndo clases de estilo para as barras de ferramentas principais e en liña.
  • O motor de HTML Broadway, que renderiza un aplicativo nun navegador web usando websockets, foi mellorado pero aínda é experimental. Isto permite potencialmente executar os seus propios aplicativos no seu servidor e executalos desde calquera lugar, ou poñelos nun servidor público que crea unha nova instancia do aplicativo para cada usuario. Teña en conta que isto require compilar GTK+ con --enable-x11-backend --enable-broadway-backend e estabelecer a variábel de contorno GDK_BACKEND en tempo de execución.
  • Engadiuse a compatibilidade para reftests para que sexa máis doado escribir casos de test.
  • Leváronse a cabo varias melloras de rendemento en GTK+ nas áreas de solicitudes de tamaños de caché, lectura de información de estilos CSS e computación do tamaño de «widgets».

4.3. Clutter 1.8

A biblioteca gráfica de GNOME para a interface de usuario acelerada por hardware Clutter obtivo as seguintes melloras:

  • Novas accións, como ClutterGestureAction para escribir recoñecedores de xestos de escritura, ClutterSwipeAction para detectar xestor de limpeza, ClutterDropAction para facer obxectivos de arrastre de actores ao usar ClutterDragAction, e compatibilidade para presión longa para ClutterClickAction.
  • As transaccións de ClutterState poden ligarse a sinais de obxectos ao crear unha escena en ClutterScript.
  • Mellorouse a integración de pintado de Cairo.
  • Cogl, a interface de programación de GPU por Clutter, exponse como unha biblioteca separada.

4.4. Uso das bibliotecas obsoletas

Continúa o progreso no traballo continuo de substituír as tecnoloxías obsoletas por outras mellores.

  • GConf agora usa D-Bus por omisión e debido a isto xa non require ORBit2 nunca máis. Como consecuencia, as bibliotecas obsoletas de ORBit2 e libIDL foron eliminadas de GNOME.
  • Os módulos do núcleo de GNOME só dependen de «bindings» de Python baseados en introspección (pygobject-3) e polo tanto pygtk, gnome-python e gnome-python-desktop xa non se requiren máis.
  • Algúns aplicativos (por exemplo Accerciser, Dasher, GHex, o depurador gráfico Nemiver, e a ferramenta de xestión de contrasinais e chaves de cifrado Seahorse) agora usan GSettings como motor de almacenamento no lugar de GConf.
  • Algúns paquetes, como o navegador web Epiphany, que migraron o uso de dbus-glib a GDBus e de libunique a G(tk)Application.

4.5. Compilación de GNOME con JHBuild máis doada

A ferramenta de construción de GNOME JHBuild non constrúe un módulo nunca máis se unha versión instalada no seu sistema é dabondo. Isto é controlado pola opción de configuración partial_build que está activada por omisión. A orde jhbuild sysdeps mostra que módulos do sistema foron atopados así como os módulos que van construirse.

Se comeza a construir GNOME desde cero, con unha distribución recente, pode reducir de forma doada 50 módulos da lista de módulos a compilar.

4.6. Actualizacións para desenvolvedores varias

Ademais inclúense outras melloras na Plataforma de GNOME en GNOME 3.2:

  • Algúns «bindings» de Python clásicos (estáticos) foron eliminados de PyGObject 3.0 e só se fornecen os «bindings» de Python dinámicos (mediante introspección). PyGObject 2 e 3 poden instalarse en paralelo xa que a instrospección está desactivada por omisión nos paquetes de PyGObject 2. Ten información dispoñíbel sobre como migrar aplicativos de PyGObject 2 a PyGObject 3.
  • A versión 0.12 de Tracker fornece compatibilidade para Firefox ≥ 4.0, Thunderbird ≥ 5.0, MeeGoTouch, algúns parámetros SPARQL adicionais, extracción de información de ficheiros EPub, e cartafoles XDG locais para ficheiros de escritorio.
  • A versión 0.9 de NetworkManager fornece compatibilidade para instrospección e unha API simplificada de D-Bus. Ten dispoñíbel máis información de como migrar aplicativos de NetworkManager 0.8 a 0.9.
  • Como parte do anterior esforzo de usar e promocionar PKCS#11 como o pegamento entre as bibliotecas de cifrado, varias partes de gnome-keyring foron divididas en bibliotecas independentes do escritorio.
  • GtkSourceView agora é compatíbel co realzado de sintaxe para ficheiros Markdown e Standard ML
  • Evolution-data-server recibiu algúns arranxos na compatibilidade de introspección.
  • libfolks agora inclúe un motor para Evolution-data-server, o cal é útil para o novo aplicativo Contactos.
  • Entre outras ferramentas usadas para procesar documentación, gnome-doc-utils e xml2po foron lentamente substituídas por yelp-toos e itstool. yelp-tools inclúe unhas cantas extensións experimentais de Mallard, así como o procesado condicional e glosarios dinámicos.

5. Internacionalización

Grazas aos membros do Proxecto de tradución de GNOME mundial, GNOME 3.2 está traducido a máis de 50 idiomas con cando menos o 80% das súas cadeas traducidas, incluíndo os manuais de usuario e administración para algúns idiomas.

Idiomas con asistencia:

  • Alemán
  • Asamés
  • Asturiano
  • Basco
  • Búlgaro
  • Catalán
  • Catalán (valenciano)
  • Checo
  • Chinés (China)
  • Chinés (Hong Kong)
  • Chinés (Taiwan)
  • Coreano
  • Danés
  • Esloveno
  • Español
  • Estonio
  • Finés
  • Francés
  • Galego
  • Grego
  • Guxarati
  • Hebreo
  • Hindi
  • Holandés
  • Húngaro
  • Indonesio
  • Inglés británico
  • Italiano
  • Letón
  • Lituán
  • Noruego Bokmål
  • Polaco
  • Portugués
  • Portugués do Brasil
  • Punxabi
  • Romanés
  • Ruso
  • Serbio
  • Serbio latino
  • Sueco
  • Tailandés
  • Tamil
  • Turco
  • Ucraíno
  • Uighur
  • Vietnamita
  • Xaponés
  • Árabe

Outros moitos idiomas teñen asistencia parcial, con máis da metade das súas cadeas traducidas.

Estatísticas detalladas sobre cómo pode axudar a que GNOME estea dispoñíbel no seu idioma, existe máis información dispoñíbel no sitio de estado das traducións de GNOME.

6. Obter GNOME 3.2

Para instalar ou anovar o seu computador a GNOME 3.2 recomendámoslle instalar os paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares publicarán GNOME 3.2 moi pronto, e xa existen algunhas que teñen versións de desenvolvemento con GNOME 3.2 dispoñíbel.

Se quere probar GNOME, descargue unha das nosas imaxes «live». Están dispoñíbeis na nosa páxina Obter GNOME.

Se é paciente e valente, e quere construír GNOME desde as fontes, recomendámoslle usar JHBuild, que está deseñado para construír a última versión de GNOME desde Git. Pode usar JHBuild para construír GNOME 3.2.x usando o conxunto de módulos gnome-3.2.

7. Mirando ao futuro con GNOME 3.4

A seguinte publicación da serie de GNOME 3 está prevista para Abril do 2012. Xa existen algunhas melloras e características novas planeadas para GNOME 3.4.

7.1. Cambios visíbeis polo usuario

  • Continuou o traballo na evolución de GNOME 3, por exemplo, para mellorar “seguimento do foco do rato”, facendo que sexa máis doado iniciar diversos aplicativos ao mesmo tempo e moito máis.
  • Mellor instalación, activación e desactivación de extensións de GNOME Shell que poden fornecer axustes adicionais e funcionalidades melloradas.
  • Mellor entrada para certos caracteres e símbolos que non son compatíbeis directamente polo teclado mediante unha mellor integración de IBus.
  • Integración de redes sociais mediante libsocialweb.
  • Un novo deseño para a interface de usuario de chamadas de Empathy que permite aos usuarios seleccionar a cámara web e o micrófono que usar durante a chamada, mover a vista previa do vídeo, e incluso é compatibilidade para efectos de vídeo.
  • Multiposto automático usando systemd.
  • Renderizado de mensaxes HTML mellorado en Evolution usando WebKit no lugar de GtkHtml.

7.2. Cambios na accesibilidade

  • Traballouse exhaustivamente nun conxunto extensíbel de iconas simbólicas e de alto contraste. Estas iconas permitirán o uso de temas accesíbeis de alto contraste e alto contraste invertido.
  • Máis melloras no Magnificador de GNOME Shell, incluíndo o seguimento do cursor e do foco, e opcións adicionais para personalizar o brillo e contraste.
  • Traballo continuado na accesibilidade de GNOME Shell e as ferramentas usadas para acceder a ela.

7.3. Cambios relacionados ao desenvolvemento

  • Continuouse coa limpeza da plataforma (por exemplo migración de dbus-glib e libunique a GDBus/G(tk)Application, e migrando o motor de almacenamento Evolution-data-server de GConf a GSettings).
  • Os «tarballs» de fontes só estarán dispoñíbeis usando o método de compresión «.xz».

8. Créditos

Esta publicación non sería posíbel sen o traballo duro e adicación da Comunidade GNOME. Parabéns e grazas a todos.

As notas de publicación de GNOME están licenciadas baixo unha licenza Creative Commons CompartirIgual 3.0.

Este documento distribúese baixo os termos da licenza Creative Commons CompartirIgual 3.0. Copyright © O Proxecto GNOME

Estas notas de publicación foron recompiladas por Olav Vitters, André Klapper e Allan Day coa axuda da comunidade GNOME. A tradución ao Galego foi realizada por Fran Diéguez coordinador do equipo galego.