Introdución

Compartición de ficheiros persoais é un servizo de sesión que exporta o contido do cartafol Public no seu cartafol persoal, de tal forma que pode ser accesíbeis de forma doada desde outros equipos na mesma rede local. Nos outros equipos, o cartafol compartido aparecerá cun nome como «Ficheiros compartidos de usuario» na xanela de Rede de Nautilus, onde usuario substituirase polo seu nome de usuario.

Compartición de ficheiros persoais usa un servidor WebDAV para compartir o cartafol Public e publica a compartición na rede local usando mDNS.

Ademais, Compartición de ficheiros persoais pode facer que os ficheiros compartidos estean dispoñíbeis a través de ObexFTP sobre Bluetooth, e recibir ficheiros enviados ao seu equipo a través de ObexPush sobre Bluetooth.