Uso

3.1. Para cambiar a lista do conxunto de caracteres

Para mostrar os coxuntos de caractres por nome de script, seleccione Ver ▸ Por script.

Para mostrar os conxuntos de caracteres por bloque de Unicode, seleccione Ver ▸ Por bloque de Unicode.

3.2. Para crear unha cadea de texto

Para crear unha cadea de texto no campo Texto a copiar, leve a cabo os seguintes pasos:

  1. Seleccione o conxunto de caracteres desde o despregábel Script ou Bloque Unicode

  2. Inserte os caracteres un a un da seguinte forma:

    • Prema dúas veces no botón do caracter na sección con lapelas Táboa de caracteres, para inserir un caracter no campo Texto a copiar.
    • Seleccione o botón de caracteres na sección con lapelas Táboa de caracteres, logo prema Intro para inserir o caracter no campo Texto a copiar.
    • Seleccione un botón do caracter na sección con lapelas Táboa de caracteres, logo prema e arrastre o caracter ao no campo Texto a copiar.
    • Prema no campo Texto a copiar para enfocalo campo. Se a cadea de texto xa está no campo, prema na cadea de texto no punto onde quere inserir o caracter. Logo prema a tecla do caracter no seu teclado para inserilo caracter no campo.

3.3. Para copiar e peigar a súa cadea de texto nun aplicativo

Para copiar e pegar unha cadea de texto desde o campo Texto a copiar nun aplicativo leve a cabos os seguintes pasos:

  1. Prema Copiar. Se non hai nada ou todo o texto está seleccionado, copiarase toda a cadea no portapapeis. Se está seleccionada unha porción da cadea, só se copiará dita porción.
  2. Cambie ao seu aplicativo e seleccione Editar ▸ Pegar, ou prema o atallo de teclado Ctrl+V.

Ao pegar os contidos do campo Texto a copiar noutro aplicativo, a cadea de texto aparecerá no conxunto de caracteres actual do aplicativo.

Se a súa cadea de texto contén caracteres non visíbeis, só poderá inserir a cadea de texto en aplicativos que sexan compatíbeis co conxunto de caracteres completo.

3.4. Para buscar un caracter

Para buscar un caracter, realice os seguintes pasos:

  1. Seleccione Buscar ▸ Buscar ou prema o atallo de teclado Ctrl+F. Abrirase o diálogo Buscar.

  2. Escriba o texto no campo de Busca

    • Seleccione Concidir coa palabra enteira para só buscar palabras completas que coincidan co seu texto.
    • Por omisión, só se buscan os nomes de caracteres. Seleccione Buscar nos detalles do caracter para buscar noutras partes dunha descrición do caracter, como notas, equivalencias e equivalencias aproximadas.
  3. Prema o botón Seguinte para atopar a primeira aparición do seu texto tralo caracter seleccionado actualmente. O Mapa de caracteres selecciona os caracteres que atopa.

  4. Prema Seguinte para atopar o seguinte caracter coincidente. De forma alternativa, seleccione Buscar ▸ Buscar seguinte, ou prema o atallo de teclado Ctrl+G.

  5. Prema Anterior para atopar o caracter coincidente anterior. De forma alternativa, elixa Buscar ▸ Buscar anterior ou prema o atallo de teclado Maiús+Ctrl+G.

3.5. Para examinar tódolos caracteres

Para examinar o mapa de caracteres, use o menú Ir.

  • Seguinte caracter, ou prema o atallo de teclado Ctrl+N.
  • Caracter anterior, ou prema a tecla de atallo Ctrl+P.
  • Seguinte script, ou prema o atallo de carater Ctrl+Av Páx.
  • Anterior script, ou prema o atallo de carater Ctrl+Re Páx.

Pode buscar no mapa de caracterese un script por un caracter en particular, un script ou por bloque de Unicode. Isto depende de se o mapa de caracteres está mostrando scripts ou bloques de Unicode. Para cambiar isto, seleccione Ver ▸ Por Script ou Ver ▸ Por bloque Unicode.

As teclas seguintes tamén funcionan para examinar o mapa de caracteres:

  • Prema as frechas do seu teclado para explorar a través dos caracteres.
  • Prema as teclas Av Páx e Re Páx para explorar a través dos caracteres páxina por páxina.
  • Prema na tecla Inicio para seleccionar o primeiro caracter da secuencia Unicode. Para seleccionar o último caracter, prema a tecla Fin.

3.6. Para mostrar información detallada sobre un caracter

Para mostrar información detallada sobre un caracter, leve a cabo os seguintes pasos:

  1. Seleccione un conxunto de caracteres desde a caixa Script ou Bloque Unicode. Exemplo Latín básico
  2. Seleccione un caracter da sección con lapelas Táboa de caracteres. Exemplo: B
  3. Prema na sección con lapelas Detalles do caracter.

A sección con lapelas Detalles do caracter mostra a seguinte información sobre o caracter seleccionado:

  • Punto de código Unicode

    Exemplo: U+0042

  • Nome do caracter Unicode

    Exemplo: LATIN CAPITAL LETTER B

  • Propiedades xerais do carácter

    • Categoría Unicode

      Exempo: Letra, Maiúscula

  • Varias representacións útiles

    • Codificación UTF-8

      Exemplo: 0x42

    • Codificación UTF-16

      Exemplo: 0x0042

    • Codificación UTF-8 escapada octal C

      Exemplo: \102

    • Entidade decimal XM

      Exemplo: "&#66"

  • Anotacións e referencias cruzadas

    Exemplo: U+212C SCRIPT CAPITAL B

    Prema na ligazón para mostrar a información do caracter referenciado.

3.7. Para cambiar o formado dun caracter

Para cambiar o formato dun caracter, leve a cabo calquera dos seguintes pasos:

  • Para cambiar o tipo de letra, seleccione unha desde a lista despregábel de tipo de letra.
  • Para cambiar o tipo de letra a tipo negriña, prema no botón Negriña ou prema o atallo de teclado Alt+B.
  • Para cambiar o tipo de letra a tipo cursiva, prema no botón Cursiva ou prema o atallo de teclado Alt+I.
  • Para incrementar o tamaño do tipo de letra, seleccione Ver ▸ Ampliar ou use a caixa de zoom, ou prema o atallo de teclado Ctrl++.
  • Para reducir o tamaño do tipo de letra, seleccione Ver ▸ Afastar ou use a caixa de zoom, ou prema o atallo de teclado Ctrl+-.
  • Para mostrar o tamaño de tipo de letra normal, seleccione Ver ▸ Tamaño normal, ou prema o atallo de teclado Ctrl+=.
  • Para ampliar o caracter seleccionado, manteña a tecla Maiús.

3.8. Cambiar o formato da táboa de caracteres

Para cambiar o formato da táboa de caracteres seleccione Ver ▸ Axustar columnas á potencia de dous.

O Mapa de caracteres cambia a sección en lapelas Táboa de caracteres para que o número de columnas sexa factor de dous, por exemplo, dúas columnas, catro columnas, seis columnas e así. O número de columnas depende do tamaño da xanela e o tamaño do tipo de letra.