Vista xeral
- 2.1. Introdución
- 2.2. Estabilidade de interfaces
- 2.3. Descrición funcional
- 2.4. O panel da interface de entrada con temas
- 2.5. Accesibilidade
- 2.6. O visor de rostros de GDM
- 2.7. XDMCP
- 2.8. Rexistro de actividade
- 2.9. Cambio rápido de usuarios
2.1. Introdución
O Xestor de entrada de GNOME (GDM) é un xestor de entrada que implementa todas as características significativas requiridas para xestionar pantallas remotas e locais. GDM escribiuse desde cero e non contén nada de código de XDM ou do X Consortium.
Note que o GDM é altamaente configurábel e moitos axustes de configuración poden afectar á seguranza. Os temas sobre os que debe prestar atención están realzados neste documento.
Note que algúns sistemas operativos configuran GDM para comportarse de forma diferente aos valores predetermiandos, como se describe neste documento. Se GDM non parece comportarse como se documenta, entón comprobe se algunha configuración relacionada difire da aquí describa.
Para obter máis información sobre GDM consulte a páxina web do proxecto en http://wiki.gnome.org/Projects/GDM/.
Para discusións ou consultas sobre GDM, diríxase á rolda de correo
. Esta lista está arquivada, e é unha boa fonte para buscar respostas a preguntas comúns. Esta lista está arquivada en http://mail.gnome.org/archives/gdm-list/ e ten busca integrada para atopar mensaxes con palabras chave.Envía calquera informe de erro ou peticións de mellora na categoría «gdm» en http://bugzilla.gnome.org.
2.2. Estabilidade de interfaces
GDM 2.20 e máis actuais admiten as interfaces estábeis de configuración. Porén, o código base foi completamente rescrito en GDM 2.22, e pode non ser completamente compatíbel cara atrás con publicacións antigas. Isto é en parte porque as cousas funcionan de forma diferente, polo que algunhas opcións agora xa non teñen sentido, en parte porque algunhas opcións nunca tiveron sentido e en parte porque algunha funcionalidade non foi reimplementada.
As interfaces que continúan sendo compatíbeis nun sentido estábel inclúen os scripts de Init, PreSession, PostSession, PostLogin e Xsession. Algunhas opcións de configuración do «daemon» do ficheiro <etc>/gdm/custom.conf continúan sendo compatíbeis. Ademais, ~/.dmrc, e as localizacións das imaxes continúan sendo compatíbeis.
GDM 2.20e máis actual admitían a característica de xestionar múltiples pantallas con tarxetas gráficas separadas, como son usados en ambientes de servidor de terminais, inicio de sesión nunha xanela mediante programas como Xnest ou Xephyr, o programa gdmsetup, os temas de benvida baseados en XL e a característica de executar o selector de XDMCP desde o inicio de sesión. Estas características non foron restauradas durante a rescritura de 2.22.
2.3. Descrición funcional
GDM é responsábel de xestionar pantallas no seu sistema. Isto inclúe a autenticación de usuarios, iniciar e rematar a sesión de usuario. GDM é configurábel e pode atopar unha descrición das formas de como pode facelo na sección «Configurando GDM» deste documento. GDM tamén é accesíbel para os usuarois con discapacidades.
GDM fornece a característica de xestionar a pantalla da console principal e as pantallas iniciadas en VT. Está integrado con outros programas, como o miniaplicativo de Intercambio de usuarios rápido (FUSA) e o gnome-screensaver para xestionar as pantallas múltiples nunha consola mediante a interface de Terminal Virtual Xserver (VT). Tamén pode xestionar pantallas XDMCP.
Con respecto do tipo de pantalla, GDM fará o seguinte cando xestione a pantalla. Comezará o proceso Xserver, logo executará o script Init como un usuario root, e logo iniciará o programa de benvida na pantalla.
O programa de benvida execútase co usuario/grupo sen privilexios. Este usuario e grupo descríbense na sección "Seguridade" deste documento. As funcións principais do programa de bencida é de fornecer un mecanismo para seleccionar unha conta onde iniciar sesión e conducir o diálogo entre o usuario e o sistema ao autenticarse con dita conta. O proceso de autenticación está conducido polos Modulos de Autenticación Conetábeis (PAM). Os modulos PAM determinan que preguntas (se as hai) se mostran ao usuario ao autenticarse. Nun sistema normal, o programa de benvida solicitará un nome de usuario e un contrasinal para autenticarse. Porén nalgúns sistemas configurados para empregar mecanismos suplementarios como a pegada dixital ou lectores de tarxetas intelixentes. GDM pode configurarse para admitir estas alternativas en paralelo coas extensións de inicio de sesión da pantalla de benvida e a opción --enable-split-authentication ./configure, ou unha á vez mediante a configuración PAM do sistema.
A extensión de tarxetas intelixentes pode activarse ou desactivarse mediante a chave de gsettings org.gnome.display-manager.extensions.smartcard.active.
Seguramente, a extensión de pegada dixital pode activarse ou desactivarse mediante a chave de gsettings org.gnome.display-manager.extensions.fingerprint.active.
GDM e PAM pode configurarse para non requirir ningunha entrada, que causará que GDM inicie sesión automaticamente e logo inicie a sesión, o cal pode ser útil para algúns ambientes, como en sistemas de usuario único e quioscos.
Ademais da autenticación, o programa de benvida permítelle ao usuario seleccionar que sesión iniciar e en que idioma. As sesións están definidas por ficheiros que rematan co sufixo .desktop e pode atopar máis información sobre estes ficheiros na sección «Configuración de sesión de usuario e idioma de GDM». Por omisión, GDM está configurado para mostrar un listado de caras para que o usuario poida seleccionar a súa conta de usuario ao premer nunha imaxe no lugar de ter que escribir o seu contrasinal. GDM fai un seguemento da sesión por omisión do usuario e do idioma no ~/.dmrc do usuario e usará estas configuración predefinidas se o usaurio non selecciona unha sección ou idioma no GUI de inicio de sesión.
Despois de autenticar a un usuario, o «daemon» executa o script PostLogin como usuario root, e logo executa o script PreSession como usuario root. Despois de executar estes scripts a sesión do usuario arríncase. Cando o usuario sae da súa sesión, o script PostSession execútarase como usuario root. Estes scripts fornécense como hooks para as distribucións e aos usuario finais para personalizar como se xestionan as sesións. Por exemplo, usando estes hooks pode configurar que a máquina cree o cartafol de usuario $HOME ao voo, e o elimine ao iniciar sesión. A diferenza entre os scripts PostLogin ePreSession son que PostLogin execútase antes da chamada a pam_open_session polo que é o lugar correcto para facer calquera cousaa que se debería executar antes de que a sesión do usuario se inicialice.
2.4. O panel da interface de entrada con temas
A pantalla de benvida de GDM mostra un panel situado na parte inferior da pantalla que fornece funcionalidade adicional. Cando un usuario está seleccionado o panel permítelle ao usuario seleccionar a sesión, idioma e distribución de teclado que quere usar ao iniciar sesión. O selector da distribución do teclado tamén cambia a distribución do teclado ao escribir o seu contrasinal.O panel tamén contén un área para que os servizos de inicio de sesión poidan deixar iconas de estado. Como exemplo dalgunhas iconas atopará unha icona do estado da batería e unha icona para activar características de accesibilidade. O programa de benvida tamén fornece botóns que lle permiten ao usuario apagar ou reiniciar o seu sistema. É posíbel configurar GDM para non fornecer os botóns de apagar ou reinicio, se o desexa. GDM tamén pode configurarse mediante PolicyKit (ou mediante RBAC en Oracle Solaris) para requirir que o usuario teña unha autorización axeitada antes de aceptar unha solicitude de apagado ou reinicio.
Teña en conta que as características de disposición do teclado só están dispoñíbeis en sistemas que son compatíbeis con libxklavier.
2.5. Accesibilidade
GDM admite «Inicio de sesión accesíbel», o cal lle permite iniciar sesión nunha sesión de escritorio incluso cando non pode usar de forma doada a pantalla, o rato ou o teclado na forma normal. A Tecnoloxía de Accesibilidade (AT) ten características como teclado en pantalla, lector de pantalla, magnificador de pantalla e accesibilidade de teclado AccessX de Xserver. Vaia á sección «Configuración de accesibilidade»do documento para obter máis información sobre como se poden configurar as distintas características de accesibilidade.
Nalgúns sistemas operativos, é necesario asegurarse que o usuario de GDM é un membro do grupo «audio» para os programas de AT que requiren saída de son (como texto-a-fala) para que sexan funcionais.
2.6. O visor de rostros de GDM
O explorador de caras é a interface que lle permite os usuarios seleccionar o seu nomem de usuario seleccionando unha imaxe. Esta característica pode activarse ou desactivarse mediante a chave de lista de Gsettings org.gnome.login-screen disable-user-enabled, a cal está activada por omisión. Ao activala, mostrará todos os usuarios locais que están dispoñíbeis para iniciar sesión no sistema (todas as contas de usuario definidas en /etc/password que teñan unha shell válida e un UID suficientemente alto) e os usuarios remotos que iniciaran sesión recentemente. O explorador de caras en GDM 2.20 e superior tentarán mostrar todos os usuarios remotos o que pode causar problemas de rendemento para despregues empresariais grandes.
O Explorador de caras está configurado para mostrar os usuarios que inician sesión máis frecuentemente na parte superior da lista. Isto axúdalle a asegurarse que os usuarios que inician sesión con máis frecuencia poida atoparse a súa imaxe de inicio de sesión máis rápido.
O explorador de caras admite "busca adiantada" que move dinámicamente a selección de cara mentres o usuario escribe o correspondente nome de usuario na lista. Isto significa que un usuario con un nome de usuario longo só ten que escribir os primeiros caracteres do seu nome antes de que seleccione o elemento correcto na lista.
As iconas usadas por GDM están instaladas de forma global polo administrador do sistema ou poden estar nos cartafoles persoais dos usuarios. Se está instalada de forma global debería estar no cartafol <share>/pixmaps/faces/ e o nome de ficheiro debería ser o nome de usuario. Os ficheiros de imaxes de avatar no cartafol «face» global debe poder lerse polo usuario GDM.
Non hai unha icona global para o usuario, GDM bucará no cartafol $HOME do usuario pola imaxe. GDM primeiro mirará o ficheiro de avatar do usuario en ~/.face. Se non o atopa, tentará ~/.face.icon. Se aínda non o atopou, usará o valor definido por "face/picture=" no ficheiro ~/.gnome2/gdm.
Se o usuario non ten unha imaxe de avatar definida, GDM usará a icona «stock_person» definida no tema GTK+ actual. Se non hai unha imaxe definida, usarase a imaxe de avatar xenérica.
Teña en conta que cargar e escalar iconas de avatar localizadas en cartafoles persoais remotos pode ser unha tarefa que leve tempo. Xa que no é práctico cargar imaxes mediante NIS ou NFS, GDM non tentará cargar imaxes desde cartafoles persoais remotos.
Cando o explorador está activado, os nomes de usuario válidos no computador mostraranse para calquera que poida ver. Se XDMCP está activado, os nomes de usuario móstranse tamén para os usuario remotos. Isto, por suposto, limita a seguridade xa que un usuario malicioso non precisa adiviñar os nomes de usuarios válidos. Nalgúns ambientes restritivos o explorador de avatares podería non ser o axeitado.
2.7. XDMCP
O «daemon» GDM pode configurarse para escoitar e xestionar peticións X Display Manage Protocol (XDMCP) desde pantallas remotas. Por defecto a compatibilidade con XDMCP está descativada, porén pode activala se o desexa. Se GDM se constrúe con compatibilidade de wrapper TCP, o daemon só lle dará acceso a equipos específicos na sección do servizo GDM do ficheiro de configuración de TCP Wrappers.
GDM inclúe varias medidas que o fan máis resistente a ataques de denegación de servizo en XDMCP. Moitos dos parámetros do protocolo, tempos de espera de negociación, etc. poden axustarse.. A configuración predefinida debería funcionar razoabelmente ben na maioría dos sistemas.
GDM escoita por omisión ás peticións XDMCP no porto UDP normal usado por XDMCP, o porto 177, e responderá ás peticións QUERY e BROADCAST_QUERY enviando un paquete WILLING ao remitente.
GDM tamen pode configurarse para ceder consultas INDIRECT e mostrar un selector de equipo dunha pantalla remota. GDM recordará a elección do usuario e derivará as subsecuentes consultas ao xestor de elección. GDM tamén permite que unha extensión do protocolo faga a redirección en canto a conexión do usuario teña éxito. Esta extensión só se admite se ámbolos dous daemons son GDM. É transparente e é ignorada por XDM ou outros daemons que implementen XDMCP.
Se semella que XDMCP non está funcionando, asegúrese que todos os computadores están especificados no ficheiro /etc/hosts.
Consulte a sección «Seguridade» para obter máis información sobre a seguridade ao usar XDMCP.
2.8. Rexistro de actividade
GDM usa syslog para rexistrar erros e o seu estado. Tamén pode rexistrar información de depuración, a cal pode ser útil para facer un seguemento dos problemas se GDM non está funcionando correctamente. A saída de depuración pode activarse configurando a chave de configuración debug/Enable a «true» no ficheiro <etc>/gdm/custom.conf.
A saída para varios Xservers almacénase no cartafol de rexistro de GDM, o cal normalmente está en <var>/log/gdm/. Calquera mensaxe de Xserver gardarase no ficheiro asociado co valor da pantalla, <display>.log.
A saída da sesión é derivada mediante o daemon de GDM ao ficheiro ~/$XDG_CACHE_HOME/gdm/session.log que normalmente expánde a ~/.cache/gdm/session.log. O ficheiro sobrescríbese en cada inicio de sesión, polo que ao saír da sesión e volver a entrar co mesmo usuario mediante GDM causará que se perda calquera mensaxe da sesión anterior.
Teña en conta que se GDM non pode crear este ficheiro por calquera razón, crearase un ficheiro de respaldo co nome ~/$XDG_CACHE_HOME/gdm/session.log.XXXXXXXX onde XXXXXXXX son caracteres aleatorios.
2.9. Cambio rápido de usuarios
GDM permite que varios usuarios poida iniciar sesión ao mesmo tempo. Despois de que o primeiro inicie sesión, outros usuaris poden iniciar sesión mediante o Trocador de usuarios do Panel de GNOME, ou desde o botón «Trocar usuario» do diálogo da Pantalla de Bloquedo do Protector de pantalla de GNOME. A sessión activa cambiarase usando o mesmo mecanismo. Teña en conta que algunhas distribucións poderían non incluír o Trocar de usuarios á configuración predeterminada do panel. Pode engadila usando o menú contextual do panel.
Teña en conta que esta característica só está dispoñíbel en sistemas que admiten Terminais Virtuais. Esta característica non funcionará se as Terminais virtuais non funcionan.