Copiar disco

Este proxecto permítelle obter desde un disco existente unha copia nun disco en branco ou nunha imaxe de disco. Para copialo nun disco proceda como sigue:

  1. Insira o CD ou DVD que desexa copiar na unidade.
  2. Prema en Copiar disco na xanela principal e seleccione Proxecto ▸ Novo proxecto ▸ Copiar disco.
  3. Mostrarase o diálogo de opcións de copia de CD/DVD; faga as modificacións desexadas (vexa Sección 3.4.1 ― Opcións da copia do disco para obter máis información).
  4. Prema en Copiar par comezar co proceso de gravación.

3.4.1. Opcións da copia do disco

Antes de comezar o proceso de copiado é posíbel modificar algunha das opcións de copia e gravado.

Sección Seleccione o disco a copiar:
  • Seleccione o disco a copiar desde a lista despregábel.
Sección Seleccione un disco onde escribir:
  • Seleccione o disco onde gravar desde a lista despregábel.

    Seleccione Imaxe de disco para crear unha imaxe de disco, como unha imaxe ISO.

  • Prema en Propiedades para abrir o diálogo de propiedades para a unidade de gravación. Vexa Sección 3.6 ― Propiedades da unidade de gravación para máis información.

Se ten máis dunha unidade no seu sistema pode usar unha unidade como a unidade orixe e outra como a unidade de destino. Se non a ten, preguntaráselle para extraer o CD ou DVD que está copiando e inserir un disco en branco.