Comezando

2.1. Para iniciar o Mapa de caracteres

Pode iniciar o Mapa de caracteres das seguintes formas:

Menú Aplicativos

Seleccione Accesorios ▸ Mapa de caracteres.

Liña de ordes

Execute a seguinte orde: gnome-character-map

2.2. Cando inicia o mapa de caracteres

Cando inicie o Mapa de caracteres, mostrarase a seguinte xanela.

Figura 1Xanela do mapa de caracteres

A xanela do Mapa de caracteres contén os seguintes elementos:

Barra de menú

Os menús na barra de menú contén a maior parte das ordes que precisa para traballar co Mapa de caracteres.

Barra de ferramentas

A barra de ferramentas contén unha lista despregábel de tipos de letra, botóns de estilos de tipos, e unha caixa incrementábel de ampliación.

Área de visualización

O área de visualización contén os seguintes compoñentes:

  • Caixa de lista Escritura ou bloque Unicode
  • Sección de lapelas da Táboa de caracteres
  • A sección de Detalles de carácter
  • caixa de texto Texto a copiar
  • botón Copiar
Barra de estado

A barra de estado mostra o carácter Unicode seleccionado actualmente e o nome do carácter Unicode.