Xogar a Tali

Figura 1Tali en acción

Cuando se inicia o xogo, verá os resultados da súa primeira tirada dos dados.

  1. Prema sobre o dado que desearía tirar de novo.
  2. Cuando seleccione tódolos dados que quere tirar de novo, prema o botón Lanzar.
  3. Cando teña unha man que lle guste ou xa non poida tirar máis os dados, prema sobre unha columna que corresponda co que pense é a súa mellor combinación de puntuación. É moi posíbel ter unha puntuación de cero e se preme na columna equivocada puntuaráselle en concordancia. (Digamos que obten yahtzee —5 do mesmo tipo— e preme na columna Secuencia completa, entón obterá cero puntos para a columna Secuencia completa).

Só pode usar cada combinación unha vez. Unha vez que introduza algo nunha casilla, non poderá cambiar a puntuación máis tarde se obtén unha man mellor.

Existe una excepción a esta regla, se obtén un yahtzee unha segunda vez pode poñelo na fila yahtzee de novo e obter cincuenta puntos extra. Pode seguir facendo isto cada vez que obteña un novo yahtzee. Ao final do xogo forneceránselle tiradas adidionais para encher as outras filas. Sexa consciente de que se puntúa cero na súa fila yahtzee (ex: rechea a fila con algo que non era un yahtzee) entón non podrá poner un yahtzee máis tarde e cero será toda a súa puntuación.

Ademais hai unha bonificación de 35 puntos se puntúa 63 puntos ou máis nas seis primeiras filas.

2.1. Usar o teclado

Como alternativa ao rato, pode usar as teclas 1 ao 5 para conmutar o estado do dado como se o premese. A tecla 1 corresponde co primeiro dado e así cos demás. Use os controles comúns para tirar os dados e seleccionar unha fila. Ex: use o tabulador para cambiar entre tirar o dado e a zona de puntuacións, use as teclas de frechas para navegar arriba e abaixo polas columnas, e use a barra espaciadora para seleccionar.