Compatibilidade de Braille mellorada en Orca

Orca, o lector de pantalla de GNOME, presenta a información desde a pantalla mediante un sintetizador de voz ou mediante unha pantalla Braille actualizábel. Para esta publicación, os posuidores dun dispositivo de saída Braille notarán unha gran mellora na experiencia de usuario ao acceder a documentos e páxinas web con respecto das anteriores publicacións.