GNOME 3.6 é a última actualización de GNOME 3 e representa 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME. Conta con un gran número de novas funcionalidades, incluíndo a renovada Vista xeral de Actividades, así como melloras na compatibilidade da Accesibilidade e a integración de orixes de entrada para usar diferentes idiomas. Tamén incorpora outras pequenas melloras. En conxunto, todos estes cambios melloran GNOME 3 máis que nunca.

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional de contribuidores apoidada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Enfocámonos na experiencia de usuario, estabilidade, internacionalización de primeira clase e na accesibilidade. GNOME é Software Libre e está dispoñíbel para todos. Pode empregar o noso traballo de forma libre para usalo, modificalo e redistribuílo.

Desde a última versión , 3.4, aproximadamente 1112 persoas fixeron 38302 cambios a GNOME. Calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software. Se está interesado en traballar en GNOME, pode unirse. Tamén pode axudarnos con donativos convertíndose en Amigo de GNOME.

Novidades na nosa interface de usuario principal

Novidades nos nosos aplicativos

Novidades na accesibilidade

Novidades na internacionalización

Novidades para administradores

Novidades para desenvolvedores

Obter GNOME 3.6

O código de GNOME 3.6 está dispoñíbel para descargar como Software Libre. Para instalalo, recomendámoslle que agarde polos paquetes oficiais fornecidos polo seu fabricante ou distribución. As distribucións máis populares terán GNOME 3.6 dispoñíbel moi pronto, e algunhas teñen versións de desenvolvemento que xa inclúen a nova publicación de GNOME.

Se non pode agardar ou simplemente quere probar GNOME, descargue unha das nosas imaxes vivas!

Se conta con coñecementos técnicos tamén pode construír GNOME desde as fontes.

Sobre GNOME

Contribuidores na conferencia de GNOME, GUADEC 2012

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional de contribuidores apoidada por unha Fundación sen ánimo de lucro. Enfocámonos na experiencia de usuario, estabilidade, internacionalización de primeira clase e na accesibilidade. GNOME é Software Libre e está dispoñíbel para todos. Pode empregar o noso traballo de forma libre para usalo, modificalo e redistribuílo.

GNOME 3.6 non podería ser posíbel sen o duro traballo e adicación da comunidade de GNOME. Parabén e agradecementos a todos.

En nome de todos os contribuidores, goce de GNOME 3.6!