Métodos de entrada integrados

Por primeira vez, GNOME ven con compatibilidade para métodos de entrada. Xa non é preciso escoller manualmente un framework de método de entrada que non se axuste ben na súa experiencia de usuario. Os métodos de entrada agora son parte do núcleo da experiencia de usuario de GNOME, así como as disposicións de teclado.

Precisamos axuda!

Os métodos de entrada integrados son unha funcionalidade nova moi importante, e cambia partes que son importantes para moitos usuarios. Recoñecemos isto e queremos escoitar como queredes que se desenvolva a nova funcionalidade no futuro.

Se desexa usar esta funcionalidade, ou prefire usar outro framework para fornecer os métodos de entrada, pode facelo desactivando a integración de IBus.

Tanto as disposicións de teclado como os métodos de entrada aparecen en Orixes de entrada no panel de preferencias Rexión e idioma e no indicador de teclado de GNOME Shell. Conta coa mesma aparencia salvo que estea escribindo unha xanela dun aplicativo ou na caixa de busca de GNOME Shell.

Cambios nas preferencias de teclado existentes

A característica dos métodos de entrada integrados resultou nun reordenamento dalgunhas das preferencias de teclado existentes. Se quere personalizar a disposición do seu teclado hai cambios que debe ter en conta.

  • A combinación de teclado para cambiar a orixe de entrada ou disposición de teclado agora pode personalizarse usando a lapela Atallos das preferencias do Teclado

  • As opcións para a Tecla Compoñer, así como as Teclas de caracteres alternativos (tamén coñecida como tecla de selección do terceiro nivel)pode atoparse na lapela Atallos das preferencias do Teclado.

  • Pode atopar máis opcións de personalización da disposición do teclado na Ferramenta de axustes de GNOME.

A compatibilidade de orixes de entrada en GNOME 3.6 está baseada en IBus.