Web

Sabía que?

GNOME Web éstá usando WebKit, o mesmo motor de navegador web que está usando Safari.

Web é o navegador web de GNOME.

A vista xeral

A diferencia máis notábel en 3.6 é a primeira versión da «Vista xeral». Aínda que é un deseño en desenvolvemento, xa é unha importante mellora da experiencia de usuario.

A anterior páxina de inicio en branco foi substituída por un grade que contén as páxinas web máis visitadas. Agora é máis doado acceder ás súas páxinas web favoritas, especialmente en dispositivos táctiles, xa que optimiza o valioso espazo en pantalla que emprega! E se algunha páxina non desexábel aparece nela, pode eliminala da grade premendo na icona X na esquina superior dereita de cada miniatura.

Modo a pantalla completa

Agora máis completo e con máis pantalla!

Por moito tempo o modo a pantalla completa de Web era algo torpe. Mostrábase unha barra de ferramentas polo que realmente non era pantalla completa, ademais de que tiña un estraño botón incrustado nela que lle dicía como volver ao modo «vanilla». Con máis e máis xogos HTML5 e presentacións feitas no navegador, era cuestión de tempo facer que o seu navegador lle mostrara o contido completo e nada máis que o seu contido. Polo que aquí está, xa o fixemos.

Outras partes e pezas

Como é normal engadimos moitas outras características e arranxos de erros, demasiados para mencionar todos aquí: recuperación de sesión automática, modo sen lapelas, Non seguir, uso de SoupTLD para facer o autocompletado de URL máis intelixente (polo que pode descubrir que google.com é unha url, pero foo.bar é unha cadea de busca), compatibilidade para mostrar detalles dun certificado SSL non válido, e moitas máis.