Discos é un aplicativo para ver, modificar e configurar discos e outros dispositivos de almacenamento.
Para os discos ATA pode configurar a xestión de enerxía así como os niveis acústicos.
Móstrase unha icona Zzz para os discos que están en modo «espera».
Tamén pode poñer un disco en modo «espera» ou espertalo de forma manual.
Habilidade para eliminar de forma segura un disco.
Os traballos que levan moito tempo agora móstranse na interface de usuario de Discos, e tamén incluímos unha forma de cancelalos.
Por demanda popular, recuperamos a característica de banco de probas que foi eliminada na rescritura de Discos/udisks de GNOME 3.4.
Para previr perdas de datos, Discos informará ao sistema sobre as tarefas que levan moito tempo que poidan estar executándose. Como resultado, será máis difícil tanto suspender como apagar a súa computadora.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.