Evolution

Esta publicación fixo algunhas pequenas melloras en Evolution.

  • A renderización de correos electrónicos agora emprega WebKit o cal mellora o renderizado de correos electrónicos escritos en HTML.

  • O diálogo de confirmación agora móstrase cando move cartafoles (de forma accidental).

  • O calendario fornece unha busca global que lle permite buscar eventos que non se mostran agora mesmo no seu intervalo de tempo.

  • As contas de GroupWise agora poden recibir correos mediante IMAPX e envialos mediante SOAP.

  • O campo «Resumo» no editor de eventos/tarefas/recordatorios permite a corrección ortográfica

  • As contas de Exchange agora poden configurarse usando Contas en liña de GNOME.