Uso da especificación dos cartafoles base XDG

Os sistemas baseados en Unix tiñan en falta unha forma estándar de almacenar datos de aplicativos e de usuarios por usuario. Polo que estes datos almacenábanse normalmente dun xeito inconsistente e problemático en "ficheiros punto" no cartafol persoal do usuario.

freedesktop.org neste sentido propuxo unha solución recomendada para este problema.

Algúns aplicativos (como accerciser, baobab, epiphany, gconf, gdm, gnome-desktop, gnome-keyring, gnome-tweak-tool, gthumb, gtk+, jhbuild, libgnomekbd, mutter, nautilus e planner) fornecen unha compatibilidade multiescritorio mellorada en GNOME 3.6 herdando a especificación de cartafoles de freedesktop.org.