Clutter 1.12

  • Engadiuse ClutterScrollActor, un actor que permite mostrar fillos máis grandes e desprazar o punto de vista a puntos específicos (con ou sen unha animación específica)

  • Engadíronse novas accións de xestos multitáctiles, como ClutterZoomAction, ClutterPanAction e ClutterRotateAction, así como algúns arranxos na compatibilidade multitáctil en X11.

  • Fornece propiedades implicitamente animadas, así como ClutterTransitionGroup (para agrupar conxuntamente transicións explícitas) e ClutterKeyframeTransition (para describir unha transición usando marcos chave)

  • Engadiuse ClutterGridLayout, un xestor de disposición que fornece a mesma normativa de disposición que GtkGrid

  • Os xestores de disposición agora respectan o estado de relaxación dos actores, polo que é posíbel animar de forma doada transicións de disposición sen requirir código específico dentro das implementacións de ClutterTransitionGroup;

  • Engadíronse novos modos de aceleración definidos pola especificación de Transicións de CSS3: «steps», «cubic-bezier», «step-start», «step-end», «ease», «ease-in», «ease-out», «ease-in-out».

  • Marcáronse como obsoletas as seguintes APIs: ClutterMedia (o API está fornecido por Clutter-GStreamer); ClutterTexture (substituída por ClutterImage); ClutterCairoTexture (substituído por ClutterCanvas); ClutterAnimation, ClutterAnimator, ClutterState (substituídos polas animacións implícitas e explícitas).