Uso de bibliotecas obsoletas

  • Algúns aplicativos (como evolution-data-server, evolution-ews, folks, gnome-search-tool, gnome-session, gnome-shell, gnome-user-share, libgweather e network-manager-applet) agora usan GSettings como a súa infraestrutura de almacenamento no lugar de GConf, que está obsoleto.

  • alacarte e pitivi foron migrados das ligazóns estáticas PyGTK ás ligazóns dinámicas baseadas en instrospección PyGObject. Isto fai que o API para estes módulos estea dispoñíbel automaticamente para unha gran variedade de linguaxes de programación e contornos de execución.

  • Discos e gvfs foron migrados de dbus-glib a GDBus.

  • Algúns paquetes agora usan libsecret no lugar de gnome-keyring, como por exemplo Discos, empathy, gvfs, vinagre e vino.

    A biblioteca libsecret é un novo cliente para o API de Secret Service D-Bus. Permite almacenar contrasinais dunha forma común para todo o escritorio.

  • Algúns paquetes foron migrados de GStreamer 0.10 a GStreamer 1.0, como por exemplo brasero, cheese, gnome-contacts, gnome-control-center, gnome-shell, pitivi, sound-juicer, sushi e vala.

  • Algúns paquetes foron migrados de gnome-doc-utils a yelp-tools na súa documentación, como por exemplo accerciser, anjuta, brasero,eog, evince, gdm, glade, gnome-dictionary, gnome-color-manager, gnome-nettool, gnome-panel, gnome-system-log, gnome-terminal, gnome-user-share, gnote, gtk-doc, gucharmap, jhbuild, mousetweaks, nemiver, orca, seahorse, system-monitor, totem e zenity.