E máis…

Outras melloras en 3.6

Outras melloras na plataforma de GNOME en GNOME 3.6 inclúen:

  • Pango, a biblioteca para a disposición e renderizado de texto foi migrada ao uso de Harfbuzz para fornecer mellor calidade de renderizado e aforro de memoria. Como consecuencia a infraestrutura obsoleta pangox foi eliminada. Conta con un tarball de panxo standalone para axudarlle na transición das APIs obsoletas de pangox.

  • Agora úsase a infraestrutura de rexistro de actividade Zeitgeist en Empathy e en folks.

  • libgdata recibiu compatibilidade de Google Drawings.

  • Para testear o seu aplicativo DBus pode usar GTEstDBus para que os seus tests usen unha sesión privada do bus no lugar do bus de usuario.

  • gnome-common fornece un macro m4 GNOME_CODE_COVERAGE que permite aos proxectos engadir de forma doada compatibilidade para cobertura de código usando lcov. Visite totem-pl-parser para ver un exemplo de implementación.

  • A infraestrutura predeterminada GSettings de GNOME dconf foi reescrita de forma profunda co enfoque de testeabilidade.

  • librest, o API para acceder a servizos web RESTful recibiu compabilidade de autenticación HTTP.

  • Todas as utilidades de gvfs, así como as utilidades en liña de ordes que son partes de GLib e GTK+ agora inclúen páxinas de manual.

Plans para 3.8

  • libgnome-keyring farase completamente obsoleto en favor de libsecret.

    A biblioteca libsecret é un novo cliente para o API de Secret Service D-Bus. Permite almacenar contrasinais dunha forma común para todo o escritorio.

  • O navegador de GNOME Web está sendo migrado a WebKit2. Se quere probar este traballo en progreso, constrúa o navegador con --with-webkit2. Isto significa:

    • Melloras na responsividade (que chulo está o desprazamento!) e na estabilidade.

    • Grazas á compatibilidade de engadidos de OOP os engadidos de GTK 2.x funcionarán de novo. Isto significa ter a compatibilidade de Flash sen ter que depender de nspluginwrapper.

    • Outras cousas que están por ahí, pero invisíbeis ao usuario, como as melloras de seguranza ou a nova API mellorada, construída sobre a nosa experiencia co WebKit clásico.

  • Evolution usará WebKit tamén para a composición de mensaxes. Isto fará que GtkHtml sexa obsoleto. Tamén recibirá un novo framework de importación.

  • Evolution-Exchange (un dos conectores con servidores Microsoft Exchange) podería marcarse como obsoleto en favor de Evolution-EWS e Evolution-MAPI.