Notificacións

As xanelas emerxentes das notificacións de GNOME tiveron unhas poucas melloras para 3.6. Nesta nova publicación fixémolas:

  • Máis intelixentes: as notificacións son máis intelixentes en GNOME 3.6. Se está executando un aplicativo ou xogo a pantalla completa, só lle mostraremos as notificacións importantes. O resto das notificacións non se lle mostrarán até que saia dos seus aplicativos a pantalla completa.

  • Máis notábeis: axustamos o comportamento das xanelas emerxentes de notificacións para asegurarnos de que ve todas as súas notificacións. Xa non perderá de novo unha notificación xa que só se agochan as notificacións despois de que saibamos que interactuóu co sistema.

  • Máis doadas de omitir: as burbullas de notificacións agora teñen botóns de pechar. Isto máis claro como omitir unha notificación.