E máis…

GNOME 3.6 inclúe moitos pequenos cambios, incluíndo arranxos de erros así como de melloras. De forma conxunta, estes cambios melloran de forma notábel a experiencia de usuario. Os seguintes son só uns exemplos.

  • Os subliñados mnemónicos que aparecen cando preme a tecla Alt agardan un segundo antes de aparecer, para evitar o pestanexo cando preme Alt+Tab ou Alt+PrintScreen.

  • A aparencia do calendario que é accesíbel desde a barra superior foi refinado, facendo a súa lectura e interacción máis doada.

  • Os diálogos de contrasinais cando monta localizacións remotas ou unidades cifradas agora móstranse do mesmo estilo que os outros diálogos de contrasinais do sistema.

  • Na vista previa de Actividades, engadiuse un efecto de realce máis claro para o espazo de traballo activo.

  • Engadíronse novos atallos de teclado para cambiar o tamaño das xanelas, incluíndo Super+Esquerda, Super+Dereita, Super+Arriba, Super+Abaixo.

  • Os puntos de acceso no menú de rede están ordenados por intensidade do sinal, facendo máis doado atopar redes máis cercanas.

  • Para as persoas que lle gustan os ovos de pascua, engadimos algo divertido. Debe ser rápido co seu rato: tente atopalo.

  • Os diálogos modais actualizáronse con un novo estilo. No lugar de desprazarse cara abaixo como unha cortina, expándense desde o medio da xanela, que agora está difuminada mentres o diálogo está aberto. Isto fai máis doado enfocarse neles.