Menú de usuario

O menú de usuario foi refinado para a última publicación de GNOME, facéndoo máis compacto e engadindo a funcionalidade que lle faltaba a moitos usuarios. Despois de revisar o rendemento deste menú, e ter en conta os comentarios dos usuarios, decidiuse dispor o elemento Apagar por omisión. Pode suspender premendo a tecla Alt no menú de usuario ou simplemente pechar a tapa do seu portátil.

Tamén esforzámonos en facer o menú tan intelixente como fora posíbel. Como resultado, agora os elementos Cambiar de usuario e Saír da sesión só se mostran se existe máis de un usuario.