Ficheiros

O aplicativo Ficheiros (tamén coñecido como Nautilus) obtivo un importante traballo neste ciclo 3.6. As novas publicacións inclúen moitas novas funcionalidades e un gran número de arranxos, resultando nun aplicativo máis funcional e efectivo.

Ficheiros recentes

Engadiuse unha nova localización que contén os ficheiros usados recentemente. Isto fornece unha forma doada de acceder aos ficheiros que son relevantes, e tamén serve como unha función de recordatorio moi útil. A nova localización Recente móstrase cando accede por primeira vez a Ficheiros, polo que pode empregalo de inmediato.

Fluxos de traballo máis simples e máis naturais

Melloráronse varios fluxos de traballo comúns coa nova versión de Ficheiros. Estes permiten aos usuarios levar a cabo accións baseadas no contexto e ten como obxectivo facer accións simples comúns e doadas.

A inclusíon das accións Mover a…… e Copiar a… no contexto dos menús é un novo fluxo de traballo que ofrece unha alternativa útil para copiar e pegar e arrastrar e soltar.

Outra incorporación que fai unha acción un pouco máis doada é a acción do contexto. Novo cartafol coa selección. Isto fai unha acción moi común, selecciona algúns ficheiros e móveos a un novo cartafol, de forma máis inmediata e menos laboriosa.

Coherencia e consistencia

Introducíronse algúns pequenos cambios para aumentar a consistencia polo aplicativo Ficheiros. Identificáronse patróns de uso e foron seguidos en cada aspecto sinxelo de Ficheiros. Neste sentido engadiuse: un estado de xanela maximizado máis eficiente co espazo e moi mellorado, unha disposición e comportamento de menús máis consistente, un uso máis consistente de iconas, e unha barra de ruta e barra de ferramentas ao estilo de GNOME 3.

Máis refinado

Tamén se fixeron moitas pequenas melloras no aplicativo Ficheiros para esta publicación. Os formatos de data e hora foron limpados, facendo que a información de data e hora sexa máis doada de ler e menos intrusiva. Os menús tamén foron limpados e a xanela de preferencias foi refinada.