Boxes

En GNOME 3.4 introduciuse a versión de proba de Boxes. Con GNOME 3.6, este aplicativo uníuse á crecente familia de novos aplicativos de GNOME.

Sabía que?

A versión de desenvolvemento de Boxes usouse para facer varias das capturas incluídas nestas notas de publicación.

Púxose moito esforzo en facer que Boxes funcionara de forma fluída, p.ex. cando redimensiona a xanela dunha MV en execución. As novas características implementadas en 3.6 inclúen:

  • Busca: Tanto dentro de Boxes como no modo de vista previa de GNOME Shell.

  • Moitas melloras na sensación e nas animacións.

  • Modo de selección feito de novo para facelo máis consistente con Documentos de GNOME.

  • Permitir a personalización da memoria e tamaño de disco da caixa antes de creala.

  • Facer posíbel forzar o apagado de caixas bloqueadas mediante un elemento do menú de aplicativos.

  • Permite renomear as caixas.

  • Indica as instalacións en progreso.

  • Permite marcar caixas como favoritas.

  • Crear MV baseadas nas capacidades e arquitectura do computador.