GTK+ 3.6

  • GtkLevelBar é un novo widget para mostrar a fortaleza, nivel ou calquera cantidade; pode ver como se usa isto no panel de Enerxía.

  • GtkIconView admite disposicións de altura-por-anchura.

  • GtkSpinButton pode orientarse verticalmente. Isto úsase no novo aplicativo Reloxos.

  • GtkSearchEntry é unha nova subclase de GtkEntry que está configurada para ser usada como unha caixa de busca; isto é amplamente usado para asegurar a consistencia de aparencia e comportamento das entradas de busca.

  • GtkEntry permítelle configurar os atributos Pango para un texto (p.ex. facelo máis grande ou poñelo en negriña).

  • GtkMenuButton é outro novo widget. Mostra un botón que revela un menú. Este widget úsase para o menú «engranaxe» en varios aplicativos.

  • O código de tema agora é compatíbel con múltiples fondos e transicións. Tamén se conta con compatibilidade limitada para animacións CSS.