Bloqueo de pantalla

A pantalla de bloqueo é unha nova funcionalidade importante de GNOME 3.6. Mostra unha imaxe na pantalla mentres o seu computador está bloqueado e tamén fornece funcionalidades útiles, como mostrar notificacións e a habilidade de controlar a reprodución multimedia.

A pantalla de bloqueo permítelle ver que está pasando mentres o seu computador está bloqueado, e permítelle obter un resumo do que se produciu mentres non estivo diante del. (Esta funcionalidade pode desactivarse mediante a sección Brillo e bloqueo nas Preferencias do sistema.) Tamén permite cambiar de forma doada o volume, saltar unha canción ou deter a música sen ter que escribir un contrasinal.

A pantalla de bloqueo tamén foi actualizada para GNOME 3.6, e conta con un novo estilo visual así como outras melloras menores. Combinado coa nova pantalla de bloqueo, o resultado é unha experiencia máis suave cando inicia sesión ou cando bloquea o seu computador.

Atallos de teclado

A nova pantalla de bloqueo por suposto é accesíbel ademáis de só co rato. Se preme a tecla Intro ou Escape pode acceder á inserción da contrasinal.