Bandexa de mensaxes

A Bandexa de mensaxes recibiu importantes actualizacións para GNOME 3.6. Algúns destes cambios están baseados nos vosos comentarios e probas, os cales indicaron algúns problemas de interacción co vello deseño da bandexa de mensaxes.

A nova bandexa é máis clara, máis bonita e é máis doado interactuar con ela. Refine o deseño actual polo que é menos propensa a erros e máis satisfactoria no seu uso. No lugar de solapar a área de visualización, a nova bandexa move a visualización cara arriba, revelando a bandexa que está embaixo. Os elementos da bandexa son máis grandes, limpos e non se moven. Facendo máis doado o seu uso.

A forma de mostrar a bandexa tamén cambiou. A «esquina quente», coa que algunhas persoas tiñan problemas, foi substituída. No seu lugar, toda o borde inferior da pantalla fai que a bandexa apareza. Melloraremos este comportamento nas seguintes publicacións.

Atallos de teclado

Por primeira vez, a bandexa de mensaxes tamén é accesíbel co teclado. Prema Super+M para mostrala.