Empathy

A lista de contactos no aplicativo de mensaxaría e chat de GNOME Empathy recibu un deseño máis limpo que fai a presentación de contactos consistente co aplicativo Contactos. Por omisión, desactivouse a agrupación por grupos xa que detectamos que a maioría das persoas non empregan isto. No seu lugar, fixemos máis doado a busca usando a busca en vivo integrada. Se aínda así quere agrupar os seus contactos, pode activar isto nas Preferencias.

Contactos importantes sempre se mostra na parte superior da lista de contactos. Isto contén os contactos que foron marcados como favoritos así como tamén os contactos cos que máis fala.