Notas de publicación de GNOME 3.0

1. Introdución

GNOME 3.0 é un fito moi importante na historia do Proxecto GNOME. Esta publicación introduce novo paradigma no escritorio o cal foi deseñado para os usuarios de hoxe en día e que se axeita a un maior rango de dispositivos de computación. As tecnoloxías de desenvolvemento de GNOME foron melloradas substancialmente nesta publicación 3.0. Modernizado e racionalizado, permitirá aos desenvolvedores fornecer unha mellora experiencia de usuario con menos tempo e esforzo. Ademais GNOME 3.0 ven cos mesmos aplicativos de GNOME que os usuarios coñecen e nos que confían, a maioría dos cales recibiron importantes melloras.

Figura 1GNOME 3.0

GNOME 3.0 segue o ciclo de publicacións predictivo do proxecto, é dicir, seis meses despois da última publicación de GNOME, a versión 2.32. Esta publicación é o produto de tres anos de análise e desenvolvemento e é a primeira publicación importante en nove anos.

3.0 é o comezo dun novo rumbo para GNOME. A publicación da serie 3.x continuará cos ciclos de desenvolvemento programados cada seis meses, máis construídos sobre os ombreiros das innovacións da publicación 3.0, incluíndo as significativas melloras na experiencia de usuario e para os desenvolvedores de GNOME.

O Proxecto GNOME é unha comunidade internacional que traballa para facer software de boa calidade dispoñíbel para todos. Todo o noso traballo é libre de uso, modificación e redistribución e calquera é benvido a participar na súa creación. Se desexa axudarnos a facer os nosos produtos aínda mellores, únase.

2. Novidades para os usuarios

2.1. Un novo escritorio

A versión 3.0 introduce un novo escritorio GNOME. Elegante e bonito, foi deseñado para permitirlle ás persoas facer as cousas de forma sinxela, de forma confortábel e con todo baixo control. O escritorio 3.0 é a continuación do enfoque do Proxecto GNOME en fornecer un contorno de escritorio doado de usar por todos. Esta versión inclúe unha grande cantidade de novas características.

Figura 2Unha visión xeral do escritorio

2.1.1. A vista previa de Actividades

A vista previa de Actividades é a característica principal do escritorio GNOME 3. Accesíbel mediante o botón Actividades, na esquina superior esquerda ou mediante a tecla «Windows» é a porta de entrada para tódalas actividades que pode levar a cabo no seu computador. Esta vista permítelle ver todas as súas xanelas á vez e pode usala para cambiar entre as diferentes tarefas e iniciar novos aplicativos.

2.1.2. Notificacións que funcionan

GNOME 3.0 inclúe un novo sistema de notificacións deseñado para que poida enfocarse só na tarefa actual. As notificacións non son intrusivas e agardarán por vostede na Bandexa de Mensaxaría até que queira respondelas. As notificacións en GNOME 3 tamén son interactivas: ao premer sobre elas cambiarase á xanela relevante e poden conter botóns para as respostas comúns.

2.1.3. Mensaxaría integrada

A mensaxaría está directamente integrada no escritorio de GNOME 3. Con GNOME 3.0, pode responder unha mensaxe directamente desde a súa notificación, e pode obter acceso ás conversas anteriores mediante a Bandexa de Mensaxaría na parte inferior da pantalla. Isto significa que pode comunicarse cos seus contactos sen ter que cambiar a outra xanela.

Figura 3Chat en liña

2.1.4. Agrupe as súas xanelas

A nova interface de espazos de traballo de GNOME 3 é unha forma sinxela de agrupar as súas xanelas e fornece unha forma doada de organizar o seu traballo. As xanelas poden engadirse aos espazos de traballo arrastrándoas cara eles, e as súas miniaturas no trocador de espazos de traballo pode usarse para movelas entre os espazos.

2.1.5. Buscas de Escritorio

O escritorio de GNOME 3 inclúe a característica de busca integrada que pode usar para iniciar aplicativos, trocar entre as xanelas e abrir documentos abertos e configuracións recentemente. O Proxecto GNOME seguirá estendendo a característica da busca do escritorio en publicacións futuras.

Figura 4Buscas de Escritorio

2.1.6. Redeseño do marco de traballo de configuracións

GNOME 3.0 inclúe un novo navegador de configuracións que lle permite explorar as súas configuracións do sistema desde a mesma xanela así como buscar nos paneis de configuracións. As configuracións do sistema de GNOME tamén foron reorganizadas para o 3.0, facendo que sexa máis rápido atopar a configuración que desexe, e algúns dos paneis de configuracións foron redeseñados para facer máis sinxelo o seu uso.

2.1.7. Axuda orientada a temas

GNOME 3 conta con unha nova axuda orientada a temas, a cal foi deseñada para permitirlle buscar as respostas que precisa sen perderse lendo extensos manuais. Engadíronse importantes melloras de rendemento para facer as buscas aínda máis rápidas, deste xeito perderá menos tempo buscando.

2.1.8. E isto non é todo…

O escritorio GNOME 3 contén moitas outras características. Aquí están algunhas delas:

  • Un lugar onde manter os seus aplicativos favoritos, chamado o Panel.
  • Disposición de xanelas unha ao carón da outra para que poida ver dúas xanelas á vez de forma sinxela.
  • Novos fondos de escritorio, incluíndo un novo fondo de escritorio de GNOME predeterminado.
  • Un novo tema visual e un novo e elegante tipo de letra de GNOME chamado Cantarell.

2.1.9. Máis información

Pode obter máis información sobre o escritorio de GNOME 3, incluíndo demostracións en vídeo, no sitio web de GNOME 3.

2.2. Aplicativos

Os aplicativos de GNOME recibiron unha importante cantidade de melloras na publicación 3.0. É imposíbel nomear cada unha delas polo que aquí resumímoslle algúns dos cambios máis importantes incluídos nesta publicación.

Figura 5O explorador de ficheiros Nautilus

2.2.1. Explorador de ficheiros redeseñado

Nautilus, o xestor de ficheiros de GNOME, obtivo un novo deseño na publicación 3.0. A nova interface é limpa e elegante e a nova barra lateral de lugares fai máis doado moverse entre os cartafoles máis importantes. O diálogo Conectar ao servidor foi redeseñado para facelo máis eficiente.

2.2.2. Navegación web modernizada

O navegador web Epiphany recibiu unha gran cantidade de melloras para o 3.0. A navegación é aínda máis rápida e responsiva, asemade, engadiuse a compatibilidade de xeolocalización. Epiphany tamén inclúe unha nova interface para as descargas e barra de estado, que lle fornece unha interface de usuario máis focalizada e, alén das numerosas melloras visuais, unha experiencia de navegación máis ordenada e moderna.

2.2.3. Edición de texto máis intelixente

GNOME 3.0 inclúe actualizacións no editor de texto gedit, incluíndo a verificación ortográfica intelixente, compatibilidade completa para ficheiros comprimidos e a posibilidade de xestionar documentos que conteñen caracteres inválidos. gedit 3.0 tamén inclúe unha nova interface de busca que non interfire coa visualización do documento e grupos de lapelas que lle permiten ver varios documentos á vez.

Figura 6Edición de texto máis intelixente

2.2.4. Mensaxaría mellorada

A publicación 3.0 do aplicativo de mensaxaría Empathy contén importantes cambios, incluíndo unha xestión de chamadas mellorada, asistencia ortográfica e a xestión de contrasinais e certificados. Agora é posíbel bloquear as mensaxes entrantes para os contactos non desexados e permite a busca de contactos en servidores remotos.

2.2.5. Melloras nos miolos

Fixéronse importantes cambios nas tecnoloxías subxacentes de GNOME o que significa que os aplicativos de GNOME 3 son máis rápidos e o noso novo sistema de temas fornece unha aparencia visual sofisticada. Algunhas das interfaces inclúidas no GNOME, como os diálogos de «Acerca de», tamén foron mellorados.

2.2.6. Pero agarde que isto non é todo...

Outros aplicativos de GNOME tamén foron mellorados para o GNOME 3.0:

  • A cámara web Cheese tamén inclúe novos efectos e agora permite efectos configurábeis polo usuario.
  • Evince agora permítelle crear marcadores nos documentos que está vendo.
  • O visor de imaxes de GNOME, chamado Eye of GNOME, recibiu unha grande mellora de rendemento e agora ten un novo engadido do sistema.
  • Totem 3.0 inclúe unha compatibilidade mellorada para fluxos en rede de vídeo e son.

3. Novidades para os desenvolvedores

As tecnoloxías de desenvolvemento de GNOME foron melloradas para a versión 3.0. Un gran traballo de consolidación permitiu facer obsoletos un gran número de módulos. Moitos compoñentes foron simplificados e modernizados, asemade algunhas tecnoloxías foron reemprazadas por outras con mellores características.

3.1. Gráficos modernos

GTK+, o kit de ferramentas gráficas de GNOME obtivo unha gran limpeza, eliminando moitas API antigas. Isto permitiu ter acceso a características gráficas modernas, facéndoo moito máis rápido e máis portábel.

3.2. Xestión de dispositivos de entrada avanzados

Agora GTK+ usa XInput2 se está dispoñíbel. Isto ofrece unha gran cantidade de vantaxes, como a posibilidade de conectar en quente dispositivos de entrada e a compatibilidade con dispositivos de entrada complexos como as «tabletas gráficas». A integración con XInput2 tamén permitiu xestionar múltiples punteiros o que significa que GNOME está preparado para a chegada das tecnoloxías multitáctiles en X11.

3.3. Capacidades de personalización melloradas

GNOME 3.0 introduce un sistema de personalización visual mellorado. Os temas agora son máis personalizábeis grazas ao uso da sintaxe CSS e os autores dos temas teñen acceso a un maior rango de efectos como curvas, gradientes e cores alfa. O novo sistema tamén é compatíbel con animacións implícitas e cores RGBA.

3.4. Compatibilidade multiplataforma

GTK+ 3.0 inclúe unha nova característica: facilitar a compatibilidade multiplataforma, como a construción en modo non exclusivo e seleccionar en modo de execución. Desta forma faise máis sinxela a transición a novas plataformas, como Wayland.

3.5. Creación de aplicativos sinxela

A nova clase GtkApplication encárgase de forma automática de moitas tarefas de integración dos aplicativos, incluíndo a xestión de xanelas abertas, asegurando a unicidade das xanelas e o exportado de accións. Isto significa que crear un aplicativo GNOME é máis sinxelo e require menos código. Esta característica mellorarase durante o ciclo 3.x.

3.6. «Bindings» de primeira clase

GNOME tradicionalmente tivo compatibilidade coas linguaxes de programación de alto nivel. A introdución de «GObject Introspection» en GNOME 3.0 significa que estes «bindings» de linguaxes actualízanse de forma dinámica, asegurando con iso a exactitude e fornecéndolle aos desenvolvedores acceso a tódalas funcionalidades contidas nas nosas principais tecnoloxías.

3.7. Configuracións máis rápidas e sinxelas

A funcionalidade de configuracións anterior de GNOME foi substituída por dous novos compoñentes en 3.0. Ámbolos dous teñen importantes vantaxes fronte aos seus predecesores. GSettings fornece unha API sinxela e efectiva que permite que propiedades de clase se liguen a configuracións con moi pouco esforzo. Isto aséntase nas bases de dconf, o novo sistema de almacenamento e recuperación de configuracións.

3.8. Interfaces de usuario máis ricas e flexíbeis

O kit de ferramentas de interface de GNOME obtivo características de disposición melloradas, o cal o fai máis flexíbel e eficiente para a disposición tanto de controles de interface como de visualización de contido. 3.0 tamén inclúe novos widgets de interface, como un interruptor e un novo diálogo selector de aplicativos.

Figura 7O novo diálogo de selección de aplicativo

3.9. Contorno de desenvolvemento integrado Anjuta

Anjuta, o contorno de desenvolvemento integrado de GNOME, inclúe moitas melloras en 3.0, as cales inclúen a conexión de sinais a widgets da interface automática, melloras na compatibilidade de autotool/pkg-config e unha nova integración do sistema Git.

3.10. Actualizar a GNOME 3

A nosa guía de migración contén instrucións sobre como migrar o software GNOME existente ás nosas novas tecnoloxías de desenvolvemento.

4. Internacionalización

Grazas aos membros do Proxecto de tradución de GNOME mundial, GNOME 3.0 fornece asistencia para máis de 50 idiomas, entre eles o Galego, incluíndo os manuais de administración e usuario para algúns dos idiomas.

Idiomas con asistencia:

  • Alemán
  • Asturiano
  • Árabe
  • Bengalí
  • Bokmål Noruego
  • Búlgaro
  • Castelán
  • Catalán
  • Catalán (valenciano)
  • Checo
  • Chinés (China)
  • Chinés (Hong Kong)
  • Chinés (Taiwán)
  • Coreano
  • Danés
  • Esloveno
  • Estoniano
  • Finés
  • Francés
  • Galego
  • Grego
  • Guxarati
  • Hebreo
  • Hindi
  • Holandés
  • Húngaro
  • Indonesio
  • Inglés británico
  • Italiano
  • Kannada
  • Letón
  • Lituano
  • Maratí
  • Polaco
  • Portugués
  • Portugués do Brasil
  • Punjabi
  • Romanés
  • Ruso
  • Serbio
  • Serbio latino
  • Sueco
  • Tailandés
  • Tamil
  • Turco
  • Ucraíno
  • Vasco
  • Vietnamita
  • Xaponés

Pode acceder a estatísticas máis detalladas e moita máis información desde a páxina web do estado das traducións de GNOME.

Traducir un paquete de software tan grande como GNOME a un novo idioma pode ser unha tarefa moi complicada, incluso para o equipo de tradución máis motivado. Para esta publicación, desexamos darlle unha especial mención ao equipo de Indonesia que alcanzou o estado de asistencia total de idioma (subindo do 60% ao 91%), así como tamén ao equipo do Esperanto, o cal incrementou a completitude da súa tradución en máis de 10 puntos (actualmente conta co 23% traducido). Ademais outros equipos tamén merecen a nosa atención, como o Kazakh, Indonesio e o Uighur.

5. Obter GNOME 3.0

O código fonte de GNOME 3.0 está dispoñíbel para a súa descarga e redistribución. (Porén recoméndaselle aos usuarios que agarden até que GNOME 3.0 estea dispoñíbel mediante a súa distribución ou fabricante). Pode atopar máis información sobre como obter GNOME 3.0 desde o sitio web de GNOME 3. Este sitio tamén fornece imaxes vivas de GNOME 3.0 que pode usar para probalo.

Para fornecer unha experiencia de último nivel, o escritorio de GNOME 3 require capacidades gráficas aceleradas por hardware. Se non está dispoñíbel, o escritorio de GNOME 3 funcionará nun modo alternativo que lle fornecerá unha experiencia excelente que incorpora algunhas das melloras desta versión.

6. Mirando cara o futuro GNOME 3.2

A seguinte versión na serie de 3.x GNOME está planificada para Setembro/Outubro do 2011. Xa están planificadas algunhas novas características e melloras para a versión 3.0, incluíndo o engadido da interface de documentos na Vista previa de Actividades, a expansión dos menús de aplicativos na barra superior e as configuracións integradas para a compartición de documentos e contas de web.

7. Créditos

Esta publicación non puido ser posíbel sen o intenso traballo e adicación da comunidade GNOME. Parabéns e grazas a todos os que o fixeron realidade.

As notas de publicación de GNOME están licenciadas baixo unha licenza Creative Commons CompartirIgual 3.0.

Este documento distribúese baixo os termos da licenza Creative Commons CompartirIgual 3.0. Copyright © O Proxecto GNOME

Compilado por Allan Day coa axuda da comunidade de GNOME.